/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

lyrics

Chegou de noite cargando cos sacos dos medos que se fan reais
O seu traxe tinguiuse de cor vermello polo sangue dos nosos país

E polas noites recitámolo xuramento
"Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!"

Escravizados facemos xoguetes ,as mans acaban por sangrar
Os máis cativos caeron primeiro debaixo do frio polar

E polas noites recitámolo xuramento
"Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!"

Desesperados trazamos ideas e plans pra voltar ó fogar
E incorporamos na nosa linguaxe a nova palabra "matar"

E polas noites recitámolo xuramento
"Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!"

Fun elixido,envolvíinme nas sombras,un berro cortou a tensión
Sentín o poder vibrante do cóitelo ó fundirllo no corazón

E agora bailamos e cantámolo xuramento
"Paz entre os elfos morreu o tirano vermello"
"Despedazadeo e facede comida pra renos"
"Porque agora hai un novo tirano vermello"

credits

from The Lost Omelette​-​makers deséxavos partir as Christmas, released December 28, 2015
Daniel Santos:Voz,coros,ukelele,guitarra acústica e xilófono
Rocío Barrio:Voz e coros
Sílvia Pons:Pandeireta

license

all rights reserved

tags

about

The Lost Omelette-makers Galicia, Spain

contact / help

Contact The Lost Omelette-makers

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like The Lost Omelette-makers, you may also like: