The Lost Omelette​-​makers deséxavos partir as Christmas

by The Lost Omelette-makers

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Reinsertado na axencia de analista a axente de campo Polos siglos dos siglos combatindo ó Eixe Pagano Vinme envolto en conspiracións que apuntaban ó Alto Mando E algo cheira moi podre nas esferas do Vaticano Axente dobre infiltrado na División de Espionaxe Ultraterrenal Secreta Un sistema corrupto sustentado en mito-milagros Fidelidade máis fe escríbense con F de falso Quen son que fago aquí cal é a razón de quen me concibe Descubrín as mentiras e a verdade fíxome libre Axente dobre infiltrado na División de Espionaxe Ultraterrenal Secreta Dobre cero con licencia para resucitar Perseguido polos matóns do D.O.G.M.A ,fun torturado "Non queremos ovellas alonxándose do rabaño" Xa ningún da organización está libre de pecado Vin a oportunidade e fixen o primeiro disparo Axente dobre infiltrado na División de Espionaxe Ultraterrenal Secreta E o fillo pródigo xa voltou despois de ser traicionado Contra min a organización ,a lei,a igrexa e o estado Non pensar no mañá,hoxe seredes eliminados Pois eu son a resurrección,vós xa estades enterrados Axente dobre infiltrado na División de Espionaxe Ultraterrenal Secreta Hei morrer pola humanidade e tamén hei de matar
2.
Chegou de noite cargando cos sacos dos medos que se fan reais O seu traxe tinguiuse de cor vermello polo sangue dos nosos país E polas noites recitámolo xuramento "Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!" Escravizados facemos xoguetes ,as mans acaban por sangrar Os máis cativos caeron primeiro debaixo do frio polar E polas noites recitámolo xuramento "Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!" Desesperados trazamos ideas e plans pra voltar ó fogar E incorporamos na nosa linguaxe a nova palabra "matar" E polas noites recitámolo xuramento "Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!" Fun elixido,envolvíinme nas sombras,un berro cortou a tensión Sentín o poder vibrante do cóitelo ó fundirllo no corazón E agora bailamos e cantámolo xuramento "Paz entre os elfos morreu o tirano vermello" "Despedazadeo e facede comida pra renos" "Porque agora hai un novo tirano vermello"
3.
Ano tras ano esperei paciente o novo amencer do día 6 Reducín a miña sociopatía ,volvínme un pervertido da lei Pensando en que sería retribuido con algún tratamento en especial Pra miña Síndrome de Pelirroxidade Feminina Sensorial (S.P.F.S) O que eu pedín nunca se cumpriu As decepcións ante as espectativas son pouco doadas de aceptar E só as visións dunha mente pristina son o prozac para o superar Véxome coma un cosmonauta ruso perdéndolle o medo á ingravidez Nunha galaxia de estrelas laranxas nun cosmos de branca palidez O que eu pedín nunca se cumpriu E cando todo parecía perdido voltei recobra as ilusións Os Reis trouxéronme a Julianne Moore Os Reis trouxéronme a Julianne Moore Agora son feliz no vermello de Julianne Moore Os Reis trouxéronme a Julianne Moore Os pais trouxéronme a Julianne Moore Os pais trouxéronme a Julianne Moore Agora son feliz no vermello de Julianne Moore Os pais trouxéronme a Julianne Moore
4.
Deixade a Lucifer pois el non vós fixo mal ningún Deixade a Lucifer pois el non vós fixo mal ningún Deixade a Lucifer pois el non vós fixo mal ningún Deixade a Lucifer pois el non vós fixo mal a ningún de vós Que vivides baixo una visión do ben e o mal Distorsionada polo medo a una divinidade Que premia a postración sen que te preguntes a razón Deixade a Lucifer,polo menos el respecta a túa elección Estrela matutina nada che fai máis feliz Que o cabaret moral surxa nos teatros do amencer Da mente virxinal moldeada polo propio ser Deixade a Lucifer,polo menos non cuestiona a túa falta de fe Por millóns de anos e por millóns de anos máis Cunha vida mellor de mansedade no máis alá Deixade a Lucifer,pois el non vos fixo mal ningún Deixade a Lucifer Non lle importa se o odias ou se o amas Non reprime os sesgos negros da túa alma Polo menos el xa non lle lambe o cu a Deus
5.
Media noite e a cabeza de Xoán o Bautista recita as visións Un castrón de traxe branco vainos repartindo as invitacións Xunto ós catro xinetes ven un quinto que nos trae a diversión E a Besta está pinchando os 666 hits da motown Non te sintas culpable,e tarde pra arrepentirse Bota un último baile antes do Apocalipse Xa bebín das sete copas e os dous testigos danme a aprobación Porque vou facer contigo o mesmo que o Cordeiro lle fixo ó León E cando acendan de novo as luces imos seguir todos ó Dragón Non importa quenes somos porque mañá seremos todos Lexión Están soando as trompetas,e o momento de irse Bota un último baile antes do Apocalipse O sentido da vida e non encontrarlle sentido á norte Cos meus mortos vou bailar feliz na noitevella do Xuizo Final

about

"The Lost Omelette-makers deséxavos partir as Christmas" é unha producción de The Lost Omelette-makers para DISCOS DA MÁQUINA

-Grabado en Bungalow Records,Santiago de Compostela, en Outubro e Decembro do 2015 por J.R.López"Chuko"

- Producción,mezcla e masterización por J.R.López"Chuko" e Daniel Santos

credits

released December 28, 2015

The Lost Omelette-makers:

-Daniel Santos:Voz,coros guitarra eléctrica,guitarra acústica,ukelele,xilófono,teclados,sintetizador e bases
-Rocío Barrio:Voz e coros en 1,2 e 5
-Seve Ínsua Baixo en 1,4 e 5
-Álvaro Núñez:guitarra eléctrica en 1 e 5
-Pepe Hombre:Batería en 4
-Sílvia Pons:Pandeireta en 2
Chuko:Rotura da cuarta parede sónica en 3

Cancións compostas por Daniel Santos

Ilustracións por Daniel Santos

license

all rights reserved

tags

about

The Lost Omelette-makers Galicia, Spain

contact / help

Contact The Lost Omelette-makers

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like The Lost Omelette-makers, you may also like: