We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

A calor dun corpo estra​ñ​o

by The Lost Omelette-makers

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
The Lost Omelette-makers... ...& The Oil Losers
2.
Son un romántico catatónico que afoga en mares de amor platónico, unha eminencia en choros melódicos, podes romperme a un prezo módico Excomulgado da fe católica só por finxir posesión diabólica, rézolle a un deus de ensinanzas tántricas oracións de incorreccións fonéticas Mutando en cada relación, traicióname a evolución Mutando en cada relación, só coa constante do desamor Son o covarde dun drama bélico, son a desculpa dun erro médico. Secundario de rostro lunático nunha comedia de tintes épicos Son o sorriso dun gato ecléptico, un electrón nun campo magnético, o pasaxeiro dun tren eléctrico accidentado nun caos xenético Mutando en cada relación,traicióname a evolución Mutando en cada relación,só coa constante do desamor Son un dos xudeus narcolépticos, habitando palacios decrépitos Estou obrigado a andar de incógnito sen abusar de trucos hipnóticos Son un romántico catatónico que afoga en mares de amor platónico, unha eminencia en choros melódicos, podes romperme a un prezo módico Mutando en cada relación,traicióname a evolución Mutando en cada relación,só coa constante do desamor
3.
Ponse detrás e sintoa latexar, vexo ruinas na súa beleza(debe ser inmoral) Ruxe ó falar,funde a carne ó mirar e empeza a violarme a cabeza(a pulsión neandertal) Cólleme a man e disponte a observar a magnitude da traxedia Desastres así solo ocorren se non estás preparado prá guerra Coma un dictador que se fai forte con cada pequeña condena(o activismo amoral) pode asaltar fortalezas mentais usando o poder da entreperna(da paixón criminal) Cólleme a man e disponte a observar a magnitude da traxedia, Desastres así solo ocorren se non estás preparadp prá guerra Claro que si de rodillas(xeonllos)por ti coma un súbdito da realeza(condenado e feliz) se alguén encontra o que queda de min que o enterre con delicadeza(elixín cicatriz) Cólleme a man e disponte a observar a magnitude da traxedia Desastres así solo ocorren se non estás preparado prá guerrra
4.
Meu amor vive na rúa de San Pedro e o noso vai acabar no peor, pois a miña obrafobia suburbana tenme paralizado co terror Cortexala e imposible pola miña síndrome de abstinencia peatonal, e me sinto coma en terra de ningures durante a Primeira Guerra Mundial Ás veces eu teño medo dun ferro poder cravar, caer nun fochanco negro sen final Que saian monstros do averno de tanto e tanto furar, mutantes coa ideoloxía de Currás Conseguín entrar na rúa de San Pedro, estaba preparado para amar pero os Axentes Urbanistas do concello tamén me puxeron a traballar Meu amor vive na rúa de San Pedro, e eu vivo escravizado coma un can, mentres pico pedra ela cae nos brazos dun atractivo erasmus alemán Meu amor vivía na rúa de San Pedro agora falsifica gaitas no Xapón, e a rúa segue morta e desolada o mesmo que o meu propio corazón
5.
Foi o impulso necesario que faltaba prá saltar da fosa dos leóns a raiña da pista Sinteu a electricidade que corría polos dedos, acercouse case levitendo e o souben Non quería que os homes de gris construiran para ela un mundo no que non ía habitar Ó principio ná tomaron nada en serio e foi tratada coma un deses casos harto imposibles Logo non puideron evitar caerse de rodillas(xeonllos) e quedarse mudos de berrar clemencia Non quería que os homes de gris construiran para ela un mundo que ía acabar por odiar SuperMonAmour Neme quitte pass cherie, mon amour, mon héroine Sorprendeu á humanidade,incendiou ós intocables, foi o gran terror da dictadura electa Desequilibrante heroina pelirroxa acrobática sexual xinete de tormentas Non quería que os homes de gris construiran para ela un mundo que ía acabar por odiar Case non me podía creer que fose a mesma moza que para falar debíanos pedir permiso. e agora que ten planeado conquistar o mundo asegúrame que prá eso vai contar conmigo Non quería que os homes de gris construiran para ela un mundo no que non ía habitar Non quería que os homes de gris construiran para ela un mundo que ía acabar por odiar E eu non quería que os homes de gris construiran para min un mundo no que ná podía amar SuperMonAmour
6.
Creeime a propia ilusión, as falsas pistas e o cebo. Nada fixo pensar que o sentimento era certo Confiei na razón durante todo este tempo, usando a máscara negra do exercito do medo Arruiname...pero non me abandones O baile alucinatorio dos irmáns estranxeiros, un cego guiando a outro cego na mansión dos silencios As miradas fugaces delatando que o corazón só latexa máis forte cando oculta segredos Arruíname...pero non me abandones Xa non,non hai salvación prá quen se mente a si mesmo, e os axentes do engano sembran o desconcertó Todo o peso do anhelo pende agora dun fío sacrificando ó home do que estou revestido Arruíname...pero non me abandones
7.
Mia mente passa attraverso un mare di cemento, vola tra l´ignoto e appare dolcemente amore canto Ven,ven xunto a min.,óeme cantar, ven a probar o amor sobrenatural Ven,réndete a min,supera o temor, sente o tremor do amor sobrenatural Que pode facer un cazador de mitos cabal se a lóxica empeza a faiar E vale a pena acabar afogando só por disfrutar do pracer Non podo evitar abandonar a realidade por un falso ideal Se che vou perder por atender á voz da razón que o mar me leve a traizón E vale a pena acabar afogando só por disfrutar do pracer Pode que só sexas metade peixe pero es o dobre de muller Mia mente passa atraverso un mare di cemento vola tra l´ignoto e appare dolcemente amore canto
8.
A calor dun corpo estraño é difícil de olvidar Descomponse o tempo se o contacto logra triunfar Ven bailar comigo o vals do vampirismo dual Quén quere bailar o vals do vampirismo dual? Baile de defuntos ó son do caos sentimental se a calor dun corpo estraño non me volve curar Ven bailar comigo o vals do vampirismo dual Quen quere bailar o vals do vampirismo dual? Se o espello no que miras ten a imaxe torcida, un exercito suicida defende a nosa vida Nunca a soidade debe resultar familiar Maníaco nocturno faga ás nosas fillas bailar Se o espello no que miras ten a imaxe torcida, un exercito suicida defende a nosa vida Ven bailar comigo o vals do vampirismo dual Quén quere bailar o vals do vampirismo dual?

about

" LE MONDE EST MA VAGINE...ET DANS MA VAGINE JE COMMANDE"
-SuperMonAmour, Nacións Unidas,NY,1966-


The Lost Omelette-makers e ó proxecto persoal, mutafísico e metamusical POP de Daniel Santos

credits

released April 23, 2014

........................................

The Lost Omelette makers

-Daniel Santos:voz,coros,guitarra acústica,guitarra española,guitarra eléctrica,banxo,ukelele,sintetizador Korg,teclados Casio PT-10,xilófono,melódica e orquestacións MIDI

Coa colaboración de The Oil Losers

-Beny Mayo:batería en 2 e 5
-Guillermo Cavero "Pamper".baixo en 2,5 e7
-Fran Facal:baterías e percusión en 3,6 e 7
-Héctor Rivero Tellería:contrabaixo en 3 e 6
-Álvaro Nuñez:guitarra eléctrica en 5
-Manu Paino,Martiño Mato e Olivier Cano:trompeta,saxo tenor e saxo alto en 5 e 7
-Rocío Barrio:voz e coros en 6
-Seve ínsua e Xoán Montes:coros en 2,3,5 e 7
-Chukostyle Subversive:baterías e orquestacións MIDI en 4 e 8
-Ronnie,Shakira,Piqué,Macca,Patucos,
Lunares e Moquiños:coros jatunos

Gravado,mesturado e masterizado por Chukostyle Subversive(José Ramón López) nos estudios LOMBARDI RECORDS(Santiago DC)

Tódalas cancións,música e letra, compostas por Daniel Santos
(agás 4, baseada libremente na canción "Romeo y Julieta",composta por Rafael Ferro e e interpretada por Karina)

Ilustracións e deseño de Daniel Santos

Unha producción de The Lost Omelette-makers
para DISCOS DA MÁQUINA

license

all rights reserved

tags

about

The Lost Omelette-makers Galicia, Spain

contact / help

Contact The Lost Omelette-makers

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like The Lost Omelette-makers, you may also like: