lyrics
Son un romántico catatónico
que afoga en mares de amor platónico,
unha eminencia en choros melódicos,
podes romperme a un prezo módico
Excomulgado da fe católica
só por finxir posesión diabólica,
rézolle a un deus de ensinanzas tántricas
oracións de incorreccións fonéticas
Mutando en cada relación, traicióname a evolución
Mutando en cada relación, só coa constante do desamor
Son o covarde dun drama bélico,
son a desculpa dun erro médico.
Secundario de rostro lunático
nunha comedia de tintes épicos
Son o sorriso dun gato ecléptico,
un electrón nun campo magnético,
o pasaxeiro dun tren eléctrico
accidentado nun caos xenético
Mutando en cada relación,traicióname a evolución
Mutando en cada relación,só coa constante do desamor
Son un dos xudeus narcolépticos,
habitando palacios decrépitos
Estou obrigado a andar de incógnito
sen abusar de trucos hipnóticos
Son un romántico catatónico
que afoga en mares de amor platónico,
unha eminencia en choros melódicos,
podes romperme a un prezo módico
Mutando en cada relación,traicióname a evolución
Mutando en cada relación,só coa constante do desamor
credits
from
A calor dun corpo estraño,
released April 23, 2014
............
The Lost Omelette-makers...
-Daniel Santos:voz,coros,guitarra acústica,guitarra eléctrica
e sintetizador Korg
...& The Oil Losers
-Beny Mayo:batería
-Guillermo Cavero"Pamper":baixo
-Seve Ínsua e Xoán Montes:coros
license
all rights reserved