Reinsertado na axencia de analista a axente de campo
Polos siglos dos siglos combatindo ó Eixe Pagano
Vinme envolto en conspiracións que apuntaban ó Alto Mando
E algo cheira moi podre nas esferas do Vaticano
Axente dobre infiltrado na División de Espionaxe Ultraterrenal Secreta
Un sistema corrupto sustentado en mito-milagros
Fidelidade máis fe escríbense con F de falso
Quen son que fago aquí cal é a razón de quen me concibe
Descubrín as mentiras e a verdade fíxome libre
Axente dobre infiltrado na División de Espionaxe Ultraterrenal Secreta
Dobre cero con licencia para resucitar
Perseguido polos matóns do D.O.G.M.A ,fun torturado
"Non queremos ovellas alonxándose do rabaño"
Xa ningún da organización está libre de pecado
Vin a oportunidade e fixen o primeiro disparo
Axente dobre infiltrado na División de Espionaxe Ultraterrenal Secreta
E o fillo pródigo xa voltou despois de ser traicionado
Contra min a organización ,a lei,a igrexa e o estado
Non pensar no mañá,hoxe seredes eliminados
Pois eu son a resurrección,vós xa estades enterrados
Axente dobre infiltrado na División de Espionaxe Ultraterrenal Secreta
Hei morrer pola humanidade e tamén hei de matar
Chegou de noite cargando cos sacos dos medos que se fan reais
O seu traxe tinguiuse de cor vermello polo sangue dos nosos país
E polas noites recitámolo xuramento
"Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!"
Escravizados facemos xoguetes ,as mans acaban por sangrar
Os máis cativos caeron primeiro debaixo do frio polar
E polas noites recitámolo xuramento
"Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!"
Desesperados trazamos ideas e plans pra voltar ó fogar
E incorporamos na nosa linguaxe a nova palabra "matar"
E polas noites recitámolo xuramento
"Paz entre os elfos e morte ó tirano vermello!!"
Fun elixido,envolvíinme nas sombras,un berro cortou a tensión
Sentín o poder vibrante do cóitelo ó fundirllo no corazón
E agora bailamos e cantámolo xuramento
"Paz entre os elfos morreu o tirano vermello"
"Despedazadeo e facede comida pra renos"
"Porque agora hai un novo tirano vermello"
Ano tras ano esperei paciente o novo amencer do día 6
Reducín a miña sociopatía ,volvínme un pervertido da lei
Pensando en que sería retribuido con algún tratamento en especial
Pra miña Síndrome de Pelirroxidade Feminina Sensorial (S.P.F.S)
O que eu pedín nunca se cumpriu
As decepcións ante as espectativas son pouco doadas de aceptar
E só as visións dunha mente pristina son o prozac para o superar
Véxome coma un cosmonauta ruso perdéndolle o medo á ingravidez
Nunha galaxia de estrelas laranxas nun cosmos de branca palidez
O que eu pedín nunca se cumpriu
E cando todo parecía perdido voltei recobra as ilusións
Os Reis trouxéronme a Julianne Moore
Os Reis trouxéronme a Julianne Moore
Agora son feliz no vermello de Julianne Moore
Os Reis trouxéronme a Julianne Moore
Os pais trouxéronme a Julianne Moore
Os pais trouxéronme a Julianne Moore
Agora son feliz no vermello de Julianne Moore
Os pais trouxéronme a Julianne Moore
Deixade a Lucifer pois el non vós fixo mal ningún
Deixade a Lucifer pois el non vós fixo mal ningún
Deixade a Lucifer pois el non vós fixo mal ningún
Deixade a Lucifer pois el non vós fixo mal a ningún de vós
Que vivides baixo una visión do ben e o mal
Distorsionada polo medo a una divinidade
Que premia a postración sen que te preguntes a razón
Deixade a Lucifer,polo menos el respecta a túa elección
Estrela matutina nada che fai máis feliz
Que o cabaret moral surxa nos teatros do amencer
Da mente virxinal moldeada polo propio ser
Deixade a Lucifer,polo menos non cuestiona a túa falta de fe
Por millóns de anos e por millóns de anos máis
Cunha vida mellor de mansedade no máis alá
Deixade a Lucifer,pois el non vos fixo mal ningún
Deixade a Lucifer
Non lle importa se o odias ou se o amas
Non reprime os sesgos negros da túa alma
Polo menos el xa non lle lambe o cu a Deus
Media noite e a cabeza de Xoán o Bautista recita as visións
Un castrón de traxe branco vainos repartindo as invitacións
Xunto ós catro xinetes ven un quinto que nos trae a diversión
E a Besta está pinchando os 666 hits da motown
Non te sintas culpable,e tarde pra arrepentirse
Bota un último baile antes do Apocalipse
Xa bebín das sete copas e os dous testigos danme a aprobación
Porque vou facer contigo o mesmo que o Cordeiro lle fixo ó León
E cando acendan de novo as luces imos seguir todos ó Dragón
Non importa quenes somos porque mañá seremos todos Lexión
Están soando as trompetas,e o momento de irse
Bota un último baile antes do Apocalipse
O sentido da vida e non encontrarlle sentido á norte
Cos meus mortos vou bailar feliz na noitevella do Xuizo Final
about
"The Lost Omelette-makers deséxavos partir as Christmas" é unha producción de The Lost Omelette-makers para DISCOS DA MÁQUINA
-Grabado en Bungalow Records,Santiago de Compostela, en Outubro e Decembro do 2015 por J.R.López"Chuko"
- Producción,mezcla e masterización por J.R.López"Chuko" e Daniel Santos
credits
released December 28, 2015
The Lost Omelette-makers:
-Daniel Santos:Voz,coros guitarra eléctrica,guitarra acústica,ukelele,xilófono,teclados,sintetizador e bases
-Rocío Barrio:Voz e coros en 1,2 e 5
-Seve Ínsua Baixo en 1,4 e 5
-Álvaro Núñez:guitarra eléctrica en 1 e 5
-Pepe Hombre:Batería en 4
-Sílvia Pons:Pandeireta en 2
Chuko:Rotura da cuarta parede sónica en 3
Toronto rivals San Francisco as the North American capital of jangle pop as evidenced by this new record of sunny jams from the Motorists. Bandcamp New & Notable Apr 16, 2024
Guitars sparkle like distant constellations on the latest from Scythe, who delivers dazzling space rock on their latest LP. Bandcamp New & Notable Apr 3, 2024
Pivoting from German to English, disco to soft rock, the groovy Swiss duo branch out on their first album in six years. Bandcamp New & Notable Mar 28, 2024